19 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación de Deportes de Burela adica máis de 53 mil euros para as escolas deportivas

23-02-11

Nota de prensa

A DELEGACIÓN DE DEPORTES ASINOU COS CLUBES DE BALONCESTO, FÚTBOL SALA E FÚTBOL OS CONVENIOS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DESTA TEMPADA. O CONCELLO DESTINA A ESTE FIN MÁIS DE 53.000 EUROS.

Burela, 23 de febreiro de 2011. A concelleira de Deportes, Neves Cando, asinou cos clubes de baloncesto, fútbol sala e fútbol os convenios para as escolas deportivas desta tempada. O Concello destina a este fin máis de 53.000 euros.

Cando explicou que “asinamos cos tres clubes de Burela, o de baloncesto, o de fútbol sala e o de fútbol, os convenios para desenvover esta tempada as escolas deportivas municipais nestes tres deportes. En total son 400 alumnas e alumnos os inscritos nestes tres clubes e son 35 os monitores e monitoras que se encargan da súa formación”.

A edil nacionalista manifestou que “en función do número de alumnos e monitores así se estipula a aportación do Concello a estes clubes. Son 13.800 euros para o Clube Baloncesto Burela, 19.200 para a SD Burela e 20.700 para o clube deportivo Burela FS. En total son 53.700 euros os destinados neste 2011 polo Concello para estas escolas deportivas, un montante que se foi incrementando ano tras ano ao aumentar tamén o alumnado”. Neves Cando lembrou que “comezamos no ano 2008 con 48.000 euros e despois de catro anos asinando estes convenios, que cremos que son fundamentais para o deporte base e para a formación da canteira dos propios clubes, son máis de 200.000 os euros adicados a estes deportes e ás súas escolas” e engadiu que “o traballo desenvolto nos clubes e o aumento ano tras ano no número de alumnos énchenos de satisfacción e continuaremos apostando por este tipo de apoio ao deportes base”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive