09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Foz solicita un crédito de 700.000 euros por falta de liquidez do concello, asegura o BNG

01-02-11

Nota de prensa

O ALCALDE DE FOZ SOLICITA UN CRÉDITO DE 700.000 € POR FALTA DE LIQUIDEZ DO CONCELLO

O BNG afirma que “esto ven a ratificar a mala xestión económica de Rivera ao fronte do Concello durante estes anos”

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Foz a 1 de febreiro de 2011.- O Concello de Foz aprobou por resolución da Alcaldía o pasado 27 de decembro de 2010 unha operación de tesourería na modalidade de póliza de crédito por importe de 700.000 euros. A razón é a falta de liquidez que atravesa a tesourería do Concello de Foz e a necesidade de facer fronte ás obrigas recoñecidas do ano pasado e principios deste.

Para o portavoz municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta, a falta de liquidez na que se atopa o Concello é consecuencia da mala xestión económica realizada durante estes catro anos polo actual grupo de goberno e principalmente polo seu alcalde, o Sr. RIvera. Unha xestión que o levou a dilapidar en catro anos todo o remanente de tesourería que tiña o Concello e que sobrepasaba os seis millóns de euros (6.000.000 €) levando ao Concello a esta situación de ter que pedirlle cartos aos bancos para pagar débedas.

O BNG xa solicitou o Estado de Contas do Concello así como os detalles desta operación de crédito pero podemos avanzar que estas non son boas noticias para o Concello de Foz que cada vez está endebedándose máis mentres o alcalde non toma ningunha medida das aprobadas na Corporación para reducir e racionalizar o gasto.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive