11 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Barreiros convoca un concurso de poesía con motivo do “Día da muller traballadora”

18-02-11

Nota de prensa

O CONCELLO ORGANIZA UN CONCURSO DE POESÍA PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

Barreiros, 18 de febreiro de 2011. O Concello organiza, con motivo do día internacional da muller traballadora que se celebra o 8 de marzo, o 2º Certame de Poesías, dirixido aos alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria dos CEIP da localidade (San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante).

O certame ten como lema A miña nai, muller traballadora. Serán premiadas aquelas poesías que mellor reflictan a loita da muller polos seus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Segundo explican desde o Concello “haberá un primeiro premio e un segundo para cada curso e os traballos serán valorados por un xurado. Cada alumno realizará unha poesía de xeito individual, que deberá ir asinada cun pseudónimo en sobre pechado e noutro sobre, que se anexará ao principal, figurarán dito pseudónimo e o nome do alumno participante”.

O prazo de presentación das poesías rematará o 3 de marzo. E a entrega de premios será o 8 de marzo ás 19 horas no salón de plenos do Concello.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive