25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O temporal de vento causou desperfectos en Burela na pista polideportiva do colexio Vista Alegre

16-02-11

Nota de prensa

O TEMPORAL DE VENTO CAUSOU DESPERFECTOS NA PISTA POLIDEPORTIVA DO COLEXIO VISTA ALEGRE. O ALCALDE VISITOU O CENTRO ESTA MAÑÁ.

Burela, 16 de febreiro de 2011. O temporal de vento causou desperfectos na pista polideportiva do colexio Vista Alegre. Dous postes galvanizadas resultaron danados e serán repostos o antes posible, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor sinalou que “co temporal de chuvia e vento destes días aparentemente en Burela non sucedeu nada grave. No colexio Vista Alegre, no edificio nº 2 hai unha pista polideportiva rodeada dunha rede de protección e dous postes que suxeitan dita rede romperon polo forte vento que soprou en Burela. Houbo rachas de ata 140 kilómetros por hora, o que quere dicir que nalgún momento soprou duro no noso concello. Son dous postes galvanizados que romperon de cuajo, pero non houbo máis perigos. Tentaremos repoñelos o antes posible, xa estiveron alí Protección Civil e persoal de Obras para analizar o acontecido”.

Llano engadiu que “o temporal non deixou grandes desperfectos, agora estaremos pendentes do que ocorra pola tarde porque haberá moi vento e o mar está moi mal, pero tanto Protección Civil como o equipo de Obras están preparados para actuar en caso de que sexa necesario”.

Reunión cos técnicos de Otea

O alcalde de Burela mantivo un encontro este mediodía cos técnicos de OTEA “para resolver o antes posible aquelas demandas que nos fai a Xunta de Galicia con respecto ao Plan Xeral, son de tipo administrativo, de adecuación ás normativas vixentes, de planimetría, etc, etc. Agora presentaremos as correccións para que o proceso de aprobación inicial do PXOM se faga canto antes, é algo fundamental para o noso concello, estamos traballando moito para se resolva canto antes porque hai que darlle contido e sentido a todo o que queremos facer en Burela. Calculo que hoxe quedarán listas as correccións e a vindeira semana tentaremos viaxar a Santiago para levar o documento e resolver o antes posible esta aprobación inicial”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive