Nota de prensa
Intenso e internacional Día de Rosalía nos Museos da Rede Museística
Entre os grupos que hoxe se sumaron a celebración do Día de Rosalía un grupo de intercambio francés tamén traballou sobre Rosalía no Museo do Mar e recibiu material para levar ao seu centro.O Museo Rosalía de Castro e a Rede Museística de Lugo, presentamos no día de hoxe unha proxección sobre a experiencia pedagóxica “Follas Novas, Novas Follas” gañadora do último certame da Fundación Rosalía de Castro e repartimos material didáctico da proposta aos grupos escolares que durante o día se acheguen aos Museos da Rede (San Paio, Museo do Mar e Pazo de Tor) e ao Museo da Fundación Rosalía de Castro en Padrón. Hoxe numerosos grupos de toda a provincia sumaronse a celebración da Xornada Rosaliana.
Lembrar que temos unha web sobre o proxecto gañador realizado polo Museo do Mar, Pazo de Tor e Museo San Paio de Narla :http://www.wix.com/redemuseistica/follas-novas
Una actividade didáctica con 729 siareiros en facebook :http://www.facebook.com/pages/Follas-Novas-Novas-Follas/105736126124842
É unha actividade didáctica e un programa de educación en valores globais a traverso de Rosalía.
Traballamos en distintos espazos (na escola, no museo, na natureza, na rede) e con distintos compañeiros de viaxe (con profesores e compañeiros de escola, coa familia, cos amigos, con rapaces doutros museos).
Como o facemos? leendo a Rosalía, informándonos, recitando, debatindo, interpretando, escribindo, debuxando, coloreando, creando e instalando a creación, e finalmente difundindoa.





















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



