Ribadeo, 16 de maio, 2026. Un helicóptero do Servizo de GardaCostas de Galicia rescatou ao home falecido que caera ao mar.
Ao fío das 14:45 horas desta tarde o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia contactaba co 112 Galicia para informar dun accidente dun quad en Piñeira (San Xoán), cara o mar, en Ribadeo. Tamén un particular comunicaba ao 112 Galicia que o seu amigo caera dun quad á auga, que o perdera de vista.
Decontado, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de GardaCostas de Galicia, que derivou ao punto un helicóptero. Tamén unha embarcación se desprazaba ata o lugar. Ademais, foron informados os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Así, tras avistar o corpo do varón, o helicóptero baixou a guindastre no acantilado e puido rescatar á vítima para deixalo onde se atopaba o persoal sanitario, que confirmou o seu pasamento.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



