28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os plenos de Xove e A Pontenova aproban a moción das preferentes

20-02-13

PLATAFORMA AFECTADOS PREFERENTES E SUBORDINADAS DA MARIÑA

Despois dos plenos celebrados nos concellos de Lourenzá, Ourol, Xove, O Vicedo e A Pontenova a plataforma de afectados queremos comunicar que a nosa moción foi aprobada por unanimidade de toda a corporación e cumprindo así co solicitado e reclamado polos afectados da plataforma, soamente nos concellos de Xove e A Pontenova.

Agradecemos tamén que nestes dous concellos respectasen a iniciativa da plataforma e sobre todo o texto feito e elaborado por nós sen ser modificado nin emendado como era o desexo da plataforma, e tamén que esta moción fose presentada como proposta de alcaldía e no noso nome,non no de ningún partido político como así o expresamos dende un primeiro momento que era a nosa intención.

Queremos destacar que no concello de Ourol nin tan sequera a levaron a pleno, dende a plataforma intentamos falar co rexedor para coñecer os motivos desa decisión, pero foinos imposible poder contactar con él nin co tenente de alcalde despois de intentalo varias veces sen éxito.

No concello do Vicedo tampouco foi levada a pleno, falamos co rexedor e a explicación que nos deu foi, que como saíra ese pacto PP/PSOE para darlle unha solución ao problema, que cría que a nosa moción xa non era necesaria, comunicámoslle que ese pacto non era a solución a o problema e que co tempo se demostraría que estábamos no certo, comentado isto, quedou en levala no seguinte pleno sempre e cando non se solucionase o problema co famoso acordo destas últimas semanas levado a cabo polo PP e o PSOE en Madrid.

Por outro banda, no concello de Lourenzá a nosa moción foi aprobada por tres votos dos partidos da oposición (2 votos PSOE, 1 voto BNG), o Partido Popular abstívose por non estar de acordo en algúns puntos, un deles por exemplo no que pedimos que se derrogue o decreto no cal se aplica a quita, a verdade e que e que nos consta entender que non estivesen de acordo nese punto, xa que existe unha moción do Partido Popular na que piden nun dos puntos o seguinte:

“2º.- Instar ao FROB, ao Banco de España, ao Ministerio de Economía e á Comisión Europea a que os tenedores de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de NCG Banco non teñan que sufrir quitas, e de ter que soportar quitas, que sexa na menor contía posible e que os canxes poidan ser obxecto da súa realización líquida inmediata.”

Como se entende que pidan que non se aplique a quita e non queiran que se derrogue o decreto que a regula e obriga a aplicala? Dende logo que nos parece totalmente incoherente.

A falta de celebrarse os plenos nos concellos de Trabada e Barreiros, dende a plataforma facemos unha valoración positiva desta iniciativa, de dezaseis concellos que compoñen a comarca da Mariña, a nosa moción foi aprobada por unanimidade de toda a corporación en 10 destes concellos (Xove, Viveiro, Cervo, Ribadeo, Burela, Foz, A Pontenova, Alfoz, O Valadouro e Riotorto) , aprobada soamente pola oposición en un (Lourenzá), non foi presentada en dous (Ourol e O Vicedo) e nun (Burela) non foi tratada como nós pedíamos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive