O xerente do Hospital da Costa, Francisco Soriano Paredes, pronunciou unha charla en Lourenzá sobre a área de xestión integrada na sanidade. O acto foi organizado polo Concello dentro do ciclo de conferencias mensuais e contou coa asistencia de 43 persoas, menos do que é habitual nestas charlas, xa que nas anteriores houbera máis presenza de público. Á alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que presentou ao conferenciante, sorprendeulle que houbese menos asistentes que nas outras charlas celebradas en meses anteriores porque se trataba dun tema que está de plena actualidade e que fora proposto por un grupo de veciños.
Charla sobre a xestión integrada en Lourenzá
Charla sobre a xestión integrada en Lourenzá
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación