Por respecto ás vítimas do tráxico accidente ferroviario, e á dor dos seus familiares retrásase para o domingo, día 28 de Xullo, ás 17,30 horas da tarde, a presentación do libro “Lembranzas Musicais “ no IES Alfoz- Valadouro onde, antes de comezar o programa establecido se gardará un minuto de silenzo. A Asociación Cultural “O Mundo da Galea”, ante a imposibilidade de retrasar máis o acto de honra ós músicos do Val do Ouro, solidarízase cos familiares das vítimas do tren e confía en que a nosa decisión de seguir avanzando cara adiante lles transmita o ánimo, a ilusión e o alento que precisan neste desgraciado momento para seguir loitando ata atopar un camiño de luz, pois tras da morte temos a obriga de seguir buscando o carreiro da vida.
A presentación de “Lembranzas Musicais do Valadouro” múdase para o domingo
A presentación de “Lembranzas Musicais do Valadouro” múdase para o domingo
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación