“O Grupo Municipal Popular é o que está tendendo a man” para “evitar que sexa outro órgano independente o que tome a decisión de solucionar esta problemática creada polas presas, a falta de coñecemento nesta materia por parte da rexedora municipal e do seu equipo de goberno”, din
Burela, 24 de abril de 2024. O PP vén de tender a man por terceira vez ao goberno bipartito PSOE-BNG encabezado pola señora López Moreno nun tema moi sensible para gran parte dos veciños e veciñas de Burela como é a creación do Consello Consultivo para a Memoria Histórica.
Os populares inciden en que “xa temos manifestado que non nos opoñemos á súa creación; senón ás irregularidades para a súa creación porque non se están seguindo as pautas legalmente establecidas”, tal e como indicaron os concelleiros cando o goberno local levou a pleno este expediente.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular remitiron nunha segunda ocasión un escrito á alcaldesa no que se lle pedía a rectificación do expediente, que foi aprobado no pleno cos votos a favor de PSOE e BNG, de forma “totalmente anómala”.
E por terceira vez, “vimos de rexistrar un recurso de reposición para que sexa o máximo órgano de goberno do Concello o que rectifique o erro cometido por non seguir o cauce legalmente establecido para a creación deste Consello Consultivo, tal e como se esixiu para a creación doutros Consellos Consultivos”.
PROBLEMÁTICA CREADA POLAS PRESAS DA REXEDORA
“A man tendida da que facía gala a señora López Moreno ao inicio do mandato, o que realmente a está tendendo, é o Grupo Municipal Popular” para “evitar que sexa outro órgano independente da administración local o que tome a decisión de solucionar esta problemática creada polas presas, a falta de coñecemento nesta materia por parte da rexedora municipal e do seu equipo de goberno”.


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



