Este xoves, tanto nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo como na Unidade Residencial de Cervo os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebraron o Samaín. Os distintos dispositivos foron ambientados e decorados para a ocasión e tanto monitores como usuarios sacaron as suas vestimentas máis terroríficas. Foi unha xornada de contos, xogos, risas… na que se contaron historias relacionadas co Samaín, se degustou unha pequena chocolatada e se levaron a cabo diversos xogos ambientados neste día. Todo isto contribúe a crear cohesión de grupo, coñecer as distitntas tradicións culturais, a integración na comunidade e, en definitiva, á mellora da saúde mental.
Samaín na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña
Samaín na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación