Con motivo da organización da Iª RUTA BTT DA MERLUZA DE BURELA, o Club Ciclista Burela fai unha recollida de alimentos non perecedeiros.
Esta recollida ven dada pola situación que a crise fai pasar a moitas familias do noso Concello e arredores e que si todos doamos algún destes alimentos destinados a ese fin, seguro que conseguiremos paliar en algo esa situación límite pola que pasan esas familias.
O día 2 de febreiro será a celebración de dita ruta e estarán postas unha caixas para recoller os alimentos que todos os participantes e demáis persoas que se queiran acercar a doar algún alimento no pavillón dos institutos en horario de 9 a 18:00 horas, temén hai unha caixa para esta recollida na tenda de bicicletas BURELABIKES donde se poden depositar xa estes días os alimentos.
Todos os alimentos que se xunten serán entregados a CÁRITAS de Burela que son os que mellor coñecen as persoas que os necesitan.
O Club Ciclista Burela quere facer un chamamento a todos os participantes da ruta e ao pobo de Burela para que sexan conscientes de que con 1 kilo dun alimento non perecedeiro que donemos podemos conseguir sumar moitos e chegar a moitas familias.