O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE desprazarase o vindeiro domingo 4 de maio á Costa da Morte para facer a ruta “O Camiño dos Faros: Sta. Mariña – Camariñas” -de 18,5 quilómetros, dificultade media a de 5,5 horas de duración- para a que prevén a saída ás 07.00 horas. O CAMIÑO DOS FAROS “Sta. Mariña-Camariñas” en Camariñas-Costa da Morte (A Coruña). A comida realizarase de bocadillo. Os prezos para os socios e colaboradores é de 12 euros e 15 para os non socios. Ademais, este importe increméntase en 2 euros se á preciso o seguro deportivo. A data límite de inscrición será o mércores 30 de abril ás 22.00 horas. Dende a organización aseguran que “se trata dunha das rutas costeiras máis bonitas que se poden facer en España pasando polo corazón da Costa da Morte onde se atopan unha espectacular duna rampante, o cemiterio dos ingleses, Cabo Vilán e o seu faro, etc”.
Ruta pola Costa da Morte o domingo 4 de maio
Ruta pola Costa da Morte o domingo 4 de maio
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación