A tasca do restaurante San Miguel, de Ribadeo, ofrece para as noites de martes a venres durante este mes de xullo degustaciones dunha gran variedade de tapas cunha botella de viño Ribeiro ou Rioja por 19 euros. A tasca do San Miguel, que está na planta baixa do restaurante e ten terraza con vistas ao mar, ofrece cociña tradicional mariñeira con peixes e mariscos do Cantábrico en racións e tapas. As súas especialidades son arroces caldosos, polbo, sardiñas asadas, bonito de Burela, así coma carnes selectas de porco ibérico, tenreira galega, vaca, pato e leitón castelán. Ademais destacan as súas sobremesas caseiras e a súa gran selección de viños. A cociña da tasca do San Miguel está dirixida polo prestixioso chef asturiano Carlos Martínez Abascal, que conta cunha ampla traxectoria profesional en restaurantes de Asturias e Madrid. E na planta alta do restaurante San Miguel está o comedor principal, onde seguen ofrecendo cociña de mercado e mariñeira elaborada polo cociñeiro e copropietario do establecemento, José Ramón Rodríguez.
Tapas na tasca do San Miguel de Ribadeo
Tapas na tasca do San Miguel de Ribadeo
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación