Ribadeo, 3 de xullo de 2014. Acisa sorteará 500 euros en vales de compra na primeira edición da festa indiana, que terá lugar os días 11 e 12 de xullo en Ribadeo.
A directiva de Acisa explica que “la campaña consistirá en que los establecimientos adheridos deberán entregar a los clientes una copia de los tickets sellados o un resguardo acreditativo del gasto realizado en el comercio los días 10, 11 y 12 de julio. En dicho ticket o resguardo deberá figurar el nombre del cliente y su teléfono de contacto”.
Para participar no sorteo os clientes do comercio asociado deberán depositar ao longo deses tres días esas copias ou resguardos nas oficinas de Acisa, nos bares Costa Verde e Queimada ou no posto do mercadiño de Acisa e do Concello, que estará situado o día 12, na rúa San Roque.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos indican que “el sorteo se realizará a las doce de la noche del 12 de julio, en el kiosco de la música, en el parque de San Francisco. Dicho sorteo será en directo, pero no presencial, para evitar aglomeraciones innecesarias”.
Acisa anima á clientela do comercio ribadense “a participar en esta campaña. Hay 500 euros en juego, que siempre nos pueden permitir darnos un capricho”.
A festa Ribadeo Indiano está organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



