Este xoves 21 de agosto D. Marco Insua, propietario da Constructora “Arcobralia”, fixo entrega á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” das chaves dun vehículo que deixa así a disposición das necesidades dos diferentes dispositivos cos que conta a mesma. Esta donación supón unha mellora na atención aos usuarios, xa que nos permite ampliar a posibilidade de saidas e diversificar as actividades a realizar no tempo de ocio cos mesmos. Este aspecto é fundamental para o colectivo, xa que un tempo de ocio positivo aumenta significativamente a calidade de vida das persoas con enfermidade mental crónica, e polo tanto favorece a rehabilitación das mesmas.
Entrega de chaves na Asociación “A Mariña”
Entrega de chaves na Asociación “A Mariña”
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación