O hotel Vila do Val, situado en Ferreira do Valadouro, inicia o 4 de outubro as súas I Xornadas do Outono, que se desenvolverán os sábados e domingos de outubro e nas que os protagonistas serán os produtos de temporada. Con esta iniciativa o establecemento hosteleiro ofertará durante todas as fins de semana de outubro varias recetas elaboradas cos productos típicos desta época: castañas, cogomelos, mel ou carne de caza. “Con esta propuesta queremos seguir sorprendiendo y agradando a nuestra clientela”, sinala María Hermida, a directora do hotel Vila do Val. Hermida indica que “a diferencia de otras jornadas celebradas en este mismo establecimiento, en esta ocasión no se tratará de una oferta basada en menús, sino en dos platos que los clientes podrán elegir y degustar a un precio total de 12 euros, al que habrá que sumarle el café, el pan y la bebida”. Os interesados en facer a súa reserva para estas Xornadas de Outono, poden poñerse en contacto co hotel Vila do Val no teléfono 982 57 16 53, no correo electrónico info@hotelviladoval.com ou no propio establecemento situado na praza de Santa María, en Ferreira do Valadouro. Paralelamente, o hotel Villa do Val recupera este venres, 3 de outubro, os seus tradicionais montaditos dos venres que servirá ó prezo de 2 euros.
I Xornadas de Outono no Vila do Val
I Xornadas de Outono no Vila do Val
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación