A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro convoca o VII Concurso de Carteis Semana Santa de Viveiro declarada de Interese Turístico Internacional.
O tema será exclusivamente a Semana Santa de Viveiro. Calquera persoa interesada poderá presentar unha única obra que deberá ser orixinal e inédita en calquera formato (pintura, debuxo, fotografía ou fotocomposición) adaptado ó tamaño real do mesmo 69 x 47 cm.
Os concursantes presentarán os seus datos nun sobre pechado co título da obra no exterior e na parte posterior da mesma. A presentación das obras realizarase no apartado de correos da Xunta de Cofradías ou entregándoas na oficina de turismo do Concello ata o 15 de xaneiro.
O fallo do xurado, que se reserva o dereito a declarar deserto o concurso, darase a coñecer a través dos medios. A obra gañadora publicarase mediante a confección do cartel anunciador da Semana Santa 2015 e o resto dos premios publicaranse na revista “Pregón” podendo empregarse como portada da mesma así como do programa de actos ou outro folleto que edite a Xunta de Cofradías. Todas as obras presentadas poderán ser expostas ó público.
Premios
As tres primeiras obras clasificadas repartiranse 1.200 euros en premios. Mentres que o primeiro premio será de 600 euros, a segunda obra premiada recibirá 400 e a terceira, 200.