Tal e como adiantou o luns o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, este venres a Xunta de Goberno aprobou as bases do II Pacto Provincial polo Emprego, co que a Deputación ofrece a 1.005 parados lucenses formación gratuíta e prácticas remuneradas nas profesións con máis futuro na provincia co obxectivo de contribuír a súa inserción laboral.
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que desempregados de todos os Concellos da provincia, agás o de Lugo, que ten o seu propio plan equivalente, poderán participar nos 67 cursos que inclúe esta programación. Teñen que estar inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego, antes denominadas Servizo Galego de Colocación. Teranse en especial consideración, tal e como recollen as bases, colectivos con máis dificultades:
– menores de 30 anos e maiores de 45
– desempregados de longa duración
– persoas con diversidades funcionais
– vítimas de maltrato
– persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social
– as pertencentes a minorías étnicas
– os inmigrantes
– mozos que non superaran a ensinanza obrigatoria
– coidadores non profesionais que atenden a dependentes
– outros colectivos en risco de exclusión social.
Inscrición
O luns publicaranse as bases do II Pacto Provincial polo Emprego no BOP. A partires da semana próxima, os interesados en participar nesta programación da Deputación poderán facer a súa inscrición nas oficinas do Servizo Público de Emprego.
As 67 accións formativas, que se celebrarán nas zonas centro, sur e norte da provincia, sumando máis de 8.300 horas de formación, distribúense do seguinte xeito:
– 19 cursos de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, cunha carga lectiva de 640 horas por curso.
– 19 cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 490 horas por curso.
– 3 de técnico de transporte sanitario, de 425 horas.
– 6 de operacións básicas de cociña, de 420 horas.
– 5 de operacións básicas de restaurante e bar, de 360 horas.
– 6 de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, de 270 horas.
– e 9 en asesoramento na función xerencial e no autoemprego, de 180 horas.
Prestación económica
Durante todo o proceso, é dicir, tanto na parte formativa como na práctica, os participantes recibirán unha prestación económica equivalente ao 75% do IPREM, isto é, uns 400 euros mensuais, a cantidade máxima que se pode conceder segundo fixa a normativa que regula o Fondo Social Europeo. Esta axuda mensual é compatible coa percepción da prestación por desemprego ou de calquera outra axuda pública da mesma finalidade, sempre e cando o total mensual non supere o 75% do IPREM.
Recortes dos Goberno do PP
O II Pacto Provincial polo Emprego conta cun orzamento de 4,1 millóns de euros, cofinanciados nun 80% por fondos europeos. Martínez subliñou que “con esta programación, a Deputación trata de compensar os brutais recortes en emprego levados a cabo polo Goberno de Feijóo, que reduciu nun 54% os fondos a políticas activas de emprego nos orzamentos para 2015, o que supón un recorte de 200 millóns de euros; así como os realizados polo Goberno de Rajoy, que este ano reduciu os fondos para emprego en 4.500 millóns”.
O voceiro adiantou que “non será o único plan de emprego que poremos en marcha na provincia, ofrecendo alternativas aos lucenses, posto que o Orzamento para 2015, o primeiro participativo dunha Deputación en España, recollerá as prioridades dos veciños. O emprego é a primeira, tal e como o estableceron o 42% dos lucenses que participaron no proceso de elaboración do presuposto desta institución para o vindeiro ano”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



