O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 11 de abril a “comidrama” Demolición de Talía teatro a partir das 20.30 horas. Dirixida por Candido Pazó e con Toño Casais e Artur Trillo sobre o escenario, durante 90 minutos analizarase a “fraxilidade humana” resoando no “fondo do precipicio”. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé. Entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente.
‘Demolición’ no Teatro Pastor Díaz
‘Demolición’ no Teatro Pastor Díaz
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación