A Mariña, 08 de Abril de 2015.- Tras os temporais de 2014 que afectaron gravemente o xacemento romano da zona da Praia das Catedrais, oito asociacións culturais contactamos coa Dirección Xeral de Patrimonio, non só para informar sobre a situación crítica na que se atopaba o sitio arqueolóxico, senón tamén para demandar unha intervención de urxencia que evitase a desaparición dos restos arqueolóxicos e que permitise obter a información científica que agocha o forno romano de Esteiro.
Conscientes de que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta non ía actuar coa rapidez necesaria, os oito colectivos culturais decidimos aunar esforzos para contratarmos un equipo de arqueólogos que realizase a demandada intervención arqueolóxica. Con este obxectivo en febreiro de 2015 enviamos a Patrimonio o noso proxecto de intervención, ao tempo que
solicitabamos a pertinente autorización.
Debido á tardanza dunha resposta por escrito e despois de coñecer que a Xunta non estaba disposta a ver danada a súa imaxe delegando na sociedade civil a protección dun xacemento arqueolóxico, o pasado mes de marzo decidimos iniciar unha campaña para informar á opinión pública sobre a precaria situación na que se atopa o xacemento arqueolóxico de As Catedrais.
Coincidindo coa posta en marcha da campaña informativa, Patrimonio contactou telefonicamente con nós para comunicarnos que permitiría a nosa intervención arqueolóxica, unha vez que enviásemos as autorizacións do Servizo de Costas e do propietario do terreo. Pero este trámite
non o chegamos a realizar, a pesar de contarmos cos citados permisos, por mor das modificacións que Patrimonio esixe no noso proxecto.
MODIFICACIÓNS INASUMIBLES
O proxecto de intervención arqueolóxica presentado na Xunta consistía na realización dunha cata de 3x3m, coa intención de recoller os materiais arqueolóxicos, documentar as estruturas do forno e averiguar se existen outras estruturas anexas ao xacemento. Posteriormente, a cata sería
novamente tapada e, cos datos obtidos, avaliaríase se cumpría adoptar outras medidas, tales como o traslado das estruturas atopadas ou a construción dunha escolleira de protección. Estas novas medidas, de seren necesarias, deberían levalas a cabo Costas, Patrimonio ou o Concello.
Malia a que expertos consultados e os arqueólogos contratados consideran este proxecto como o máis axeitado, nunha recente comunicación da Dirección Xeral de Patrimonio indícasenos que cómpre “modificar as dimensións da sondaxe”, así como “executar unha pequena escolleira
diante das escadas e da zona escavada”.
Arqueólogos consultados sobre estes requisitos esixidos pola Xunta consideran que cunha cata arqueolóxica reducida, como propón Patrimonio, non abondaría para recoller os materiais arqueolóxicos, non se poderían documentar as estruturas e sería imposible saber se o xacemento ten continuidade, polo que carecería de sentido facer unha intervención da que non se van obter resultados.
En canto á construción da escolleira que se nos esixe, o seu custe é para nós inasumible, como moi ben sabe Patrimonio, polo que pode que precisamente por iso se nos impoña como unha das condicións para autorizarnos a escavación.
En definitiva, a Xunta non autoriza o proxecto de intervención presentado e ao mesmo tempo os colectivos promotores non podemos asumir as modificacións que nos esixe Patrimonio; por iso as asociacións que pretendiamos colaborar na conservación, no estudo e posta en valor do
xacemento das Catedrais vémonos na obriga de renunciar á intervención arqueolóxica.
Con todo, non podemos deixar de amosar a nosa satisfación por ter logrado que a cidadanía coñeza a existencia e a importancia do xacemento das Catedrais, así como o estado crítico no que se atopa.
Tamén nos satisface que Patrimonio coñeza a importancia deste xacemento e que sexa consciente de que o mar acabarao destruíndo se a Administración non actúa. Daquela, confiamos e agardamos que o motivo polo que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural rexeita a nosa colaboración non sexa outro que o desexo de executar pola súa banda un proxecto mellor o antes posible.
No entanto, se a Xunta non actúa e tampouco nos deixa facelo a nós, a opción que queda é que o mar leve o xacemento das Catedrais; e iso, ademais de indignante sería vergoñento.
*Imaxe: o forno no 2014 afectado gravemente polos temporais.










Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.