O público asistente abarrotou o sábado 18 a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro para participar na interesante tertulia arredor de San Miguel da Coelleira e a vila asulagada de Estabañón. O aforo resultou insuficiente. A fotografía mostra o aspecto da sala antes de dar comezo ao acto. O noso colectivo agradece a participación de todas as persoas que asistiron ao acto —algunhas delas tiveron que facelo de pé e na entrada da sala— e moi especialmente a dous dos convidados á tertulia: Manuel Miranda e Manuel Gago.
Charla en Viveiro sobre San Miguel da Coelleira e Estabañón
Charla en Viveiro sobre San Miguel da Coelleira e Estabañón
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación