“Mondoñedo é poesía 2015” é unha actividade cultural enmarcada nas Feiras e Festas das Quendas que convoca neste segunda edición (tras o éxito da de 2014) a 13 poetas (6 deles mindonienses), 3 músicos e arredor de 20 debuxantes que amosarán as súas creacións en diferentes rúas, prazas e espazos da cidade e do Auditorio Municipal “Pascual Veiga” ao longo da xornada.
PROGRAMA
De 11.00 (Campo da Feira dos Remedios) a 14.00 horas.- Sketchcrawl Galicia- Debuxantes e pintores (Xosé Vizoso, Xoán Guerreiro, Eduardo Baamonde, Lucía López, Isabel Seidel, Pelayo López, Julián Ardura, Antón “Caxoto” …) cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorreran as rúas tomando apuntes ao vivo da cidade e das xentes, que difundirán a través das redes sociais.
13.30 horas.- Intervención poética na entrega de Premios do Concurso de Gando no Campo da Feira.
De 16.00 a 18.00 horas.- Sketchcrawl Galicia- Quedada de debuxantes e pintores na Praza da Catedral.
De 18.00 a 20.00 horas.- Recitados nas prazas de Mondoñedo
– 18.00 horas: Praza da Catedral (Inteveñen: Eduard Velasco, Chus Amieiro, Hermes López ).
– 18.30 horas: Praza da Concello (Inteveñen: Eduardo Estévez, Conce Agrelo e Aladino Montero).
– 19.00 horas: Praza Jaime Cabot (Inteveñen: Baldo Ramos, Aleixandre Lago Barcala e Luciano do Monfadal). Tamén participará nestes recitais na rúa alumnado de diferentes centros escolares de Mondoñedo.
De 18.00 a 19.15 horas.- DEBUXACONTOS E POESÍAS a cargo de Caxoto Kativo, na Praza Jaime Cabot. Obradoiro aberto de creación para os máis cativos.
De 20.00 a 21.30 horas.- Recital “Mondoñedo é poesía” no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen músicos (César Morán, Miro Casabella, Arcadio Mon) e poetas (Luz Pozo, Yolanda Castaño, Lois Pérez, Eduardo Estévez, Baldo Ramos, Aleixandre Lago Barcala, Eduard Velasco e Caxigueiro).
Colofón: Homenaxe a Antonio Noriega Varela polo 120º aniversario da publicación do seu poema “De Ruada” en 1895.
Ao tempo, continuarán as súas actividades na mesma sala os debuxantes e pintores da quedada Sketchcrawl Galicia.
Complementan todas estas actividades:
-TENDAL DE POESÍA no Auditorio “Pascual Veiga”, con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses e de poetas locais.
-Librería no Auditorio “Pascual Veiga, con atención preferente aos títulos dos autores e músicos convocados
-EXPOSICIÓN de Sketchcrawl Galicia, no Auditorio “Pascual Veiga” con obras de Eduardo Baamonde (Cambados), Lucía López (A Coruña), Pelayo López (A Coruña), Isabelll Seidel (Ourense), Juan Ardura (Betanzos), Antón Díaz “Caxoto” (Cervo), Xoán Manuel Guerreiro (Xove), Xosé Vizoso (Mondoñedo).
Agasallos para asistentes:
-Publicación conmemorativa “Mondoñedo é poesía 2015” con ilustracións de Alicia Puchades Tella-Villamarín e textos poéticos dos e das poetas participantes.
-Folleto co poema “De Ruada” de Antonio Noriega Varela
Organizan: Asociación “AS San Lucas” e Mondoñedo É …
Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Xunta de Galicia.
Colaboran: Concello de Mondoñedo, ACIAM Mondoñedo, Casa Penela, Casa de Mañas, CEIP Álvaro Cunqueiro e IES San Rosendo.























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).