Cervo, 27 de maio de 2015.- O pasado fin de semana tivo lugar en Cervo dentro dos actos culturais promovidos pola Asociación Cultural Airiños do Xunco a presentación e firma de exemplares do novo libro da autora lucense afincada na Mariña Rhodéa Blasón titulado “Anacos da miña alma”, éxito de vendas en Latinoamérica e España, onde vai xa pola súa segunda edición. Ao acto asistiu gran cantidade de público entre o cal a autora debullou as interioridades da súa obra, desenvolvéndose a continuación a tradicional firma de libros, pechándose o acto con diversos ágapes servidos polo Restaurante O Almacén de Cervo, que foron a delicia das persoas que participaron na cata literaria organizada pola Asociación cervense.
Airiños do Xunco presenta en Cervo o libro “Pedazos de mi alma”
Airiños do Xunco presenta en Cervo o libro “Pedazos de mi alma”
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación