Lugo, 26 de abril de 2024.- A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 140.000 euros para a adquisición dun tractor e un brazo desbrozador para o Concello de Viveiro. A Xunta de Goberno da institución provincial aprobou este venres o convenio para canalizar o investimento.
A maquinaria ampliará o parque móbil municipal, que conta agora cun único tractor de máis de vinte anos de antigüidade, que acumula avarías e que resulta insuficiente para o desbroce das máis de 1.400 vías de titularidade municipal que atende a área de Medio Rural do Concello de Viveiro.
O concelleiro de Medio Rural Ramón Martínez subliñou a importancia deste convenio de colaboración “que nos permitirá axilizar os traballos de mantemento nas vías municipais, especialmente nas zonas rurais, onde a limpeza é fundamental para facilitar o tránsito dos vehículos e realizar tarefas de prevención de incendios” e destacou “a aposta polas parroquias rurais do goberno municipal, avanzando na xestión e na execución dos investimentos necesarios para que a veciñanza poida desenvolver a súa vida e o seu traballo nas mellores condicións.
O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García explicou que “somos conscientes do esforzo que supón para os concellos o mantemento destas zonas e en xeral das infraestruturas municipais, tanto en persoal como en medios, e tratamos de facilitalo con colaboracións coma esta”.
O investimento súmase a outras actuacións desenvolvidas no rural de Viveiro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, como a ampliación da rede de saneamento en Vieiro ou o acondicionamento da pista de Fontecova en Viveiro.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



