Santiago, 27 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse este martes coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, nun encontro de carácter protocolario no que o titular autonómico repasou as demandas e necesidades en materia social que ten o devandito municipio lugués.
Esta xuntanza inaugura a rolda de entrevistas que Rey Varela ten a intención de manter cos rexedores e rexedoras dos concellos galegos co obxecto de informarse das súas peticións e de explicarlles as liñas de actuación que manterá a Xunta de Galicia na área Social durante o vindeiro ano 2016.