Por riba da simple análise numérica, da relación de investimentos para obras, novos servizos e iniciativas en beneficio directo da nosa comarca, os orzamentos da Xunta de Galicia en 2016 inclúen outros aspectos que adquiren especial relevancia para os veciños da Mariña lucense.
Gran parte dos 430 millóns de euros adicionais que o Goberno manexa para o ano próximo se destinarán a desenvolver un potente paquete social, a reforzar o gasto en sanidade e educación e a impulsar a maior baixada de impostos da nosa historia.
As rebaixas fiscais son posibles grazas á solvencia da autonomía e ao cumprimento do déficit. No IRPF a Xunta aplicará reducións progresivas que beneficiarán ao 98,5% dos contribuíntes galegos, cun aforro estimado de ata 380 euros ao ano por contribuínte. Redución que será maior nas rendas baixas e medias e situará a Galicia entre as comunidades coa menor tributación.
Promoveremos un programa de impostos cero no rural que, na práctica, supón asegurar que por iniciativa do Goberno Feijóo ningunha transmisión de fincas en solo rústico pagará imposto de transmisións patrimoniais, tamén deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias e as agrupacións de fincas rústicas non abonarán o imposto de actos xurídicos.
No ámbito social: crearemos o bono coidador no rural. E haberá axudas directas de 100 euros ao mes para cada neno que naza a partir do 1 de xaneiro. Esta axuda poderá chegar a máis de 8 de cada dez familias e estableceremos deducións fiscais de 360€ polo primeiro fillo e de 1.200€ polo segundo e de 2.400€ polo terceiro
Desde A Mariña, a valoración non pode ser máis que positiva, porque estamos diante dunhas contas feitas con criterio, axustadas ás necesidades e aos proxectos máis importantes para os mariñáns e que, ademais, son responsables e sensibles ao novo momento que vive Galicia.
O reto é ser capaces de trasladar a recuperación das contas públicas a cada un dos fogares. Galicia, os galegos anticipámonos na loita contra a crise, e Galicia vai anticiparse tamén para aproveitar o inicio da mellora. Custoulle moito á xente chegar ata aquí e poder baixar impostos como para que agora volvan vellas políticas a botalo todo a perder.
Jose Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento de Galicia.






O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



