17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Finaliza a campaña ‘Un Mar de Cultura, os Nenos e o Mar II’

03-12-15

Finalizamos a campaña “Un Mar de Cultura, os Nenos e o Mar II” logo dun mes cargado de actividades.

O programa escolar desenvolveuse durante o pasado mes de novembro dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos. Nesta segunda edición acollía a un total de 546 participantes en 13 grupos de 9 centros educativos de primaria e secundaria do territorio da Mariña-Ortegal. O material didáctico elaborado como reforzo educativo sobre as visitas e actividades chegou a un total de 2.140 escolares.

13 grupos
9 centros educativos
546 participantes
2.140 unidades e fichas didácticas

Na súa segunda edición, esta campaña educativa promovida polo GAC A Mariña-Ortegal convértese nun referente a nivel autonómico afianzándose como unha peza crave nas aulas do territorio. Tanto o alumnado como o profesorado aproveitan unha gran oferta didáctica e educativa que ofrece máis de 20 actividades desde Ribadeo ata Cedeira, pasando por Foz, Burela, San Cibrao, Estaca de Bares e Agarimo.

O aspecto educativo da campaña “Un Mar de Cultura, os Nenos e o Mar” aséntase sobre tres alicerces básicos:

– Coñecer a contorna litoral e a súa biodiversidade, inculcando valores de conservación e respecto polo medio mariño

– Descubrir as xentes, oficios e tradicións do mar

– Coñecer a forma de traballar no mar explotando os seus recursos de forma sostible

Queremos agradecer enormemente o labor do Grupo de Acción Costeira da Mariña-Ortegal, por facer posible que tantos alumnos poidan coñecer de cerca o patrimonio natural, cultural e histórico que nos brinda a nosa costa. Destacar tamén o compoñente interdisciplinar deste programa, onde numerosos profesionais do mundo mariñeiro móstrannos o seu día a día, agradecer enormemente a todos eles o abrirnos as portas dos seus oficios nesta segunda edición:

Centro de Cultivos Mariños (CECUMAR) Ribadeo
Lonxa de Burela
Museo Provincial do Mar
Carpintería de Ribeira Francisco Fra
Lonxa de Celeiro
Cetaria A Balandra
Conservas A Pureza

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive