Segunda vitoria na XXVII TIRADA DE BOLOS de Xove para Sócrates Campo na Tirada de Monte que lle permite afianzarse na segunda posición con 75 puntos, recortándolle 3 ao líder, Rafael González, que mantén o liderato unha semana máis, e xa cunha renda considerable de 21 puntos sobre o segundo, 31 sobre o terceiro, etc.
Rafa, vencedor final en varias edicións deste torneo, e aínda cunha soa vitoria nesta temporada, estase a comportar como un líder sólido grazas ao seu nivel de xogo, xa que das 12 tiradas realizadas, só en dúas ocasión baixou do cuarto posto. Ademais, está xogando cunha tremenda confianza, mantendo un gran nivel no punto quizás máis frouxo do seu xogo: os desquites. Os grandes xogadores gañan os torneos realizando bos desquites e Rafa está desquitando francamente ben este ano grazas ao que, nestes intres, é o principal favorito para gañar o torneo.
Liga Sénior Feminina
Nova vitoria e cuarta da tempada de Salomé Bermúdez, a nai de Rafael González, o líder da categoría sénior.
Salomé está a realizar tamén unha tempada extraordinaria dando un salto de calidade este ano no seu xogo con respecto ás tempadas pasadas. Esta vitoria permítelle afianzarse no terceiro posto, poñer terra de por medio respecto a Carmen Roca e manter a tiro ás líderes da Liga: Salomé Cardoso e Belén Meitín con 52 e 48 puntos, resptectivamente.
Liga Sub 16
Por fin Daniel Alonso volveu á senda da vitoria a pesar de que pouco lle faltou a Miguel para volver gañar. O que está claro que neste tramos de temporada a competición está máis igualada e Miguel está tratando “de ti a ti” a Daniel porque está xogando con máis confianza.
Por detrás, Julia López e Javier Alonso continúan co seu particular “duelo” polo terceiro posto. Nesta ocasión foi Javier quen quedou por diante recortándolle un punto na clasificación a Julia.
A vindeira tirada vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, o sábado 23 de xaneiro.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE (16 XANEIRO 2016) 28 INSCRITOS: 14 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 16 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 291 | 12 |
SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 285 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 274 | 8 |
CUARTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 268 | 7 |
QUINTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 261 | 6 |
SEXTO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 250 | 5 |
SÉTIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 246 | 4 |
OITAVO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 236 | 3 |
NOVENO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 213 | 2 |
DÉCIMO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 199 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 72 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 184 | 6 |
SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 179 | 4 |
TERCEIRO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 136 | 3 |
CUARTO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 117 | 2 |
QUINTO | —————————- |
| 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPÈZ | 56 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 196 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 180 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 127 | 3 |
CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 115 | 2 |
QUINTO | CARMEN ROCA CORRAL | 101 | 1 |
MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO | 72 | 1 |