19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Con el chegou a música…

26-04-16

suso-fernadezFoi en 1992 cando a Corporación Municipal, da que era alcalde Manolo Neira, “Polaco”, e concelleiro de Cultura Xosé Paleo, tomou o acordo de dotar ó concello dunha Escola de Música, pensando sobremaneira nas xeracións vindeiras que non dispuñan dos medios para o coñecemento e o aprendizaxe desta disciplina trancendental para a formación do individuo como é a musical.

A música é intemporal e polo tanto non ten principio nen fin; o que pode datarse é cando na persoa ou na colectividade se dan as circunstancias que posibilitan o achegamento a ela para coñecela, estudala e disfrutala. Nese senso, Arcadio Mon personifica a nova era para esta faceta en Foz; daí o título do comentario. Creada a Escola, de contado púxose en marcha o organigrama,para o que era fundamental dar coa persoa idónea para levar sobre os seus ombreiros a maior responsabilidade: a dirección da mesma. Realizada a preceptiva oposición gaña a praza Arcadio,persoa coñecida, músico avezado, con grande prestixo personal e profesional.

Nado en Alfoz, a idade moi temperá comeza a recibir clases de música. Trasládase á Coruña e cursa estudos no Conservatorio Superior onde obtén o título de profesor de Grao Medio, Trombón de Varas. Foi alumno de Rogelio Groba, Santos Bartolomé, José Ferrer e Raúl Galán. Asistíu en Madrid a clases con Enrique Ferrando, trombón solista da Orquesta Nacional e co mesmo a cursos de música instrumental, e no Conservatorio da Coruña de canto e a cursos de Técnica Vocal e de Dirección de Banda en Lalín, impartido por Henrie Adams. Tamén ás clases maxistrais do profesor da Universidade de Indiana (EE.UU.), Keith Broun.

Formara parte da desaparecida Orquesta Jazz da Coruña, colaborando coa Orquestra da cidade dirixida por Rogelio Groba. Fundador dos grupos Os Valles, Mejoranos , formou parte, por quince anos, de Los Españoles como arranxista e cantante instrumentista. Foi durante un ano director da Banda de Burela. Compositor. Finou sendo director da Escola de Música de Foz. A morte, que se producíu na noite do luns ó martes, fixo que o vecindario de Foz espertase abraiado pola triste nova. Arcadio era persoa querida e valorada por todos: a súa calidade humana sobrepasaba os recoñecidos méritos profesionais e a entusiasta dedicación á súa función didáctica, sempre presidida por unha permanente xenerosidade da que o cronista da fe.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive