Antón chega a Barreiros logo de competir na 2ª división B, co Xove F.S, coma un dos mellores reforzos que realiza o Praias de Barreiros.
Trátase dun xogador de garantías que aportará todo o seu sacrificio ao conxunto, aparte da súa calidade e técnica, como así a súa veteranía. Antón leva xogando ao fútbol sala unha vida, pasou polo Trabada FS, Pontenova e Burela B e consiguiu o ascenso a 2 División B co Xove F.S. onde estivo o pasado ano. Chega a Barreiros para ser un dos referentes do equipo.
Pola outra parte, Samuel incorpórase dende as categorías inferiores das Escolas Deportivas de Barreiros. O cadete é unha das perlas que leva destacando no Municipal de Barreiros dende neno, a súa capacidade técnico-táctica, así coma o equlibrio que lle aporta o equipo fano un gran xogador, chega ao equipo sénior para seguir medrando como xogador e aproveitar o máximo todas as oportunidades que lle dean.
O encargado de darlles as benvida ao club foi o directivo Guillermo González.