Foz.25/04/2017. A Agrupación Socialista de Foz convida a tódolos veciños, veciñas, simpatizantes e militantes de Foz e da comarca da Mariña, a celebrar o 1º de maio compartindo o tradicional xantar que levan celebran por esta data, na área recreativa do monte Bispo Santo, baixo unha carpa, a carón da vila de Foz.
A partires da unha do mediodía comezará a recepción dos asistentes, para a partires das dúas degustar un menú composto por: paella mixta, costela asada con patacas e pementos, brazo de xitano, viños, refrescos, café e licores variados.
O prezo é de 20€ para os adultos, gratuíto para menores de 4 anos e de 10€ para os nenos e nenas de 5 a 10 anos.
Quen queira asistir ten que anotarse chamando ao teléfono 667 052 058