11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Deron comezo en Ribadeo os ”fins de semana tecnolóxicos”, que organiza Apaga. Este sábado os asistentes, das catro provincias galegas, recibiron unha xornada práctica sobre a diagnose con osciloscopio de determinados problemas en vehículos diésel e gasolina

08-10-17

071017 Foto curso osciloscopio 3Ribadeo, 7 de outubro de 2017. Hoxe, sábado, deron comezo en Ribadeo os Fins de semana tecnolóxicos, que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Nesta primeira cita do curso 2017/18 os asistentes, das catro provincias galegas, recibiron unha xornada práctica sobre a diagnose con osciloscopio de determinados problemas en vehículos diésel e gasolina.
Este curso, de 8 oito horas de duración, foi impartido polo profesor e enxeñeiro Ramón Feijoo, de Vigo. Ao remate da xornada tivo lugar unha entrega de diplomas aos asistentes.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, dixo que “a idea nosa é organizar un curso cada mes. Xa está programado un de pintura no mes de novembro e está por pecharse o de decembro, que será de climatización posiblemente. Vanse ofrecer algunhas cousas como un curso de impresión en 3D e outro de son. Vai un pouco tamén en función da dispoñibilidade dos técnicos. Nós pensamos que hai que traer xente que veña a aportar novas tecnoloxías, porque ademais de ser nun día de descanso queremos que sexa unha xornada na que a xente aproveite esas horas que vai estar aí”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive