22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O municipio de Cervo amplía a súa oferta deportiva cun novo club de Artes Marciais

11-10-17

20171009_093900Cervo, a 11 de Outubro de 2017. O edil de deportes, Jose Ramón Soto, xunto con Marcos Villares, mestre de TaiJitsu e Manuel García, tesoureiro da escola, presentaron a creación da nova ‘Escuela de Artes Maciales de Cervo’ co obxectivo de diversificar un pouco máis a actividade deportiva no Concello de Cervo e así cubrir a demanda de diferentes artes marciais.

Amantes das Artes Marciais afincados en Cervo, coma Miguel A. Rojo, Inma Balseiro e Marcos González xunto con compañeiros de práctica, deciden crear esta nova escola para cubrir a demanda de practicantes nas distintas artes que se ofertarán, tales coma serán o TaiJitsu, TaiChi, Defensa Persoal, Iaido, AikiJuJutsu, etc…

Recordar que o Concello de Cervo acolle tódos os anos o campionato de Nadal de TaiJitsu, que conta xa con nove edicións, e o campionato autonómico galego, ademais de colaborar en todo o momento cas actividades que se propoñen dende a Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña.

Polo pronto a escola comezará a impartir clases de iniciación ao TaiJitsu nos colexios do municipio, tanto en Cervo coma en San Ciprián. Así mesmo, a escola afianzará Cervo coma un punto de encontro das distintas disciplinas orientais e porá ao municipio cervense no punto de mira de practicantes de todo o mundo, xa que no vindeiro ano traerá durante o mes de Febreiro o mestre Chen Long da dinastía dos Chen, expoñente de renome mundial vido directamente de China para amosar os seus coñecementos de TaiChi.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive