21 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Gran Canaria visitará o Pescados Rubén na estrea da Liga 2018-19

11-07-18

Burela 11-7-18. O Pescados Rubén xa coñece o calendario de Segunda División. Estrearase na casa o 15 de setembro, coa visita do Gran Canaria FS, descendido de Primeira. Vista Alegre seguirá sendo a pista habitual de xogo para o conxunto laranxa en 2018-19, co municipal de Viveiro como alternativa, coma nas últimas tempadas; no entanto, a Liga Nacional de Fútbol Sala manterase vixiante sobre os pasos das administracións no cumprimento dos novos requisitos sobre instalacións.

O primeiro derbi irmandiño para os laranxas será na xornada 7, na casa do Santiago Futsal (27 de outubro); o equipo compostelán, no seu regreso a Segunda, visitará a Bomboneira o 23 de febreiro, na 22ª. O outro duelo irmandiño da primeira volta volverá ser a domicilio, na xornada 13 (8 de decembro), co Noia Portus Apostoli, que repetirá experiencia na categoría tras a renuncia do Puertollano; burelaos e noieses volverán verse as caras na xornada 28, xa na Mariña, o 13 de abril.

O equipo de Juanma Marrube porá o broche á competición regular, arroupado de novo pola Bancada Laranxa; será o 4 de maio, coa visita do FC Barcelona B Lassa.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive