23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O candidato do BNG Mario Pillado aposta por humanizar Burela a través dun Plan Integral de Mobilidade

16-05-19

 Burela, 16 de mario de 2019. O BNG impulsará a elaboración dun Plan integral de Mobilidade e seguridade viaria, co fin de humanizar Burela. O candidato do BNG á alcaldía de Burela adiantou que “a elaboración e aplicación deste Plan de Mobilidade ha de contemplar distintas fases de redacción e a súa execución será progresiva, comezando pola realiazación dun estudo previo e a presentación do proxecto a ACIA, asociacións e veciñanza, antes da súa tramitación e aprobación”.

Entre as principais actuacións deste Plan de Mobilidade, Pillado destacou as seguintes:

Estudar as necesidades dos barrios.
Mellora das rúas e beirarrúas da vila, colocación de pavimento antideslizante en beirarrúas en pendente…
Facilitar a accesibilidade de persoas con diversidade funcional.
Ordenamento do tráfico: diferenciación de vías de uso principal e uso ocasional. Seguridade viaria: pasos de peóns elevados; plataforna única elevada; sinais luminosos nos pasos de peóns perigosos; eliminación da diferenza de nivel, mantendo pavimento diferenciado para peóns e vehículos; velocidade limitada a 30 km/h en rúas e tramos ou zonas especialmente sensibles para os peóns; eliminación de obstáculos visuais; revisión da rede semafórica en interseccións…
Humanización e naturalización de espazos urbanos: rúas de prioridade peonil, peonalización ou semipeonalización respectando acceso a garaxes e zonas de carga e descarga, zonas arboradas, dinamización de actividades ao aire libre, creación de zonas de xogo…
Habilitación de zonas de estacionamento para vehículos, transportes especiais e zonas de carga e descarga.
Carril bici.

Pillado aproveitou para criticar “a nefasta xestión do Sr. Llano nesta materia, que foi incapaz de realizar ningunha das súas promesas durantes estes catro anos e non foi quen de aproveitar os fondos do Plan Único da Deputación Provincial para a transformación que Burela precisa”. En contraposición, o candidato nacionalista “defendeu a xestión do BNG nos concellos que goberna e nese sentido puxo o exemplo de Ribadeo e Pontevedra”.

Acto público do BNG, o 17 de maio ás 13:00 horas na Praza da Mariña de Burela

O BNG realizará un acto público o próximo venres, 17 de maio, ás 13:00 horas, na praza da Mariña de Burela na que presentará o seu programa de goberno ao conxunto dos veciños e veciñas. Paralelamente, desde o BNG informan que están a facer repartos a pé de rúa, no comercio e nas vivendas para dar a coñecer o traballo realizado durante estes catro anos e o seu programa electoral. Durante a próxima semana, o BNG ten previsto reunirse co tecido asociativo de Burela.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive