23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo impartiu unhas sesións de educación sexual no I.E.S. Marqués de Sargadelos a través da psicóloga e sexóloga Raquel Graña

16-05-19

rhdr

Cervo, 16 de Maio de 2019. A delegación de Educación e Xuventude do Concello de Cervo organizou unhas charlas sobre Educación Sexual que estiveron impartidas pola Psicóloga e Sexóloga Raquel Graña, coach educativa que colabora con medios como Muy Interesante ou Ser Padres.
Trátase dunha acción formativa e informativa dirixida á rapazada dos catro cursos da ESO.
A edil de Educación, Dolores García Caramés, compartiu co alumnado algunha das sesións nas que se incidiu moito na importancia da comunicación nas relacións afectivas e sexuais.
Caramés sinalou a importancia de que os nenos e nenas adquiran a información e a formación necesaria para poder establecer relacións, tanto afectivas como sexuais, dun xeito apropiado.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive