23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro únese un ano máis á campaña “Quere o teu mercado”

16-05-19

 Viveiro, 16 de maio de 2019. O Concello de Viveiro únese un ano máis á campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia, co propósito de promover os mercados locais e as prazas de abasto, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e mais a profesionalidade e o bo facer dos nosos praceiros e praceiras.
Con motivo da celebración do “Día Internacional dos Mercados”, para o vindeiro 25 de maio, o concello organizou diversas actividades que terán lugar na Praza de Abastos dirixidas tanto ao público adulto como aos máis pequenos. No programa organizado para esta xornada figuran os seguintes eventos:
– Cocteleiría con Domingo González, de Temple Cocktail Bar, e Marcelo Bartender, de Tiki Bora Bora.
– Showcooking con Victor Valenzuela, do Restaurante O Muro, e Alejandro Balseiro, do Hotel Urban Viveiro.
– Amenización con D’J.
Para o público infantil haberá tres actividades denominadas “Pirámide alimentaria”, “Imos pescar” e “Elaboración dunha mazá de globoflexia”
Dende o concello quérese agradecer a colaboración de Bágoas da Terra, Hotel Urban Viveiro, Restaurante O Muro, Temple Bar e Tiki Bora Bora e animar aos veciños a achegarse á Praza de Abastos para disfrutar desta xornada.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive