20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE nos Gobernos de Alfoz e da Deputación atende unha demanda veciñal co novo alumeado no campo de fútbol

15-05-19

 Alfoz, 15 de maio de 2019.- O PSOE dende os Gobernos do Concello de Alfoz e da Deputación de Lugo atenden unha demanda veciñal dos alfocenses coa renovación da iluminación do campo de fútbol municipal.

O Alcalde de Alfoz, Jorge Val, informou este mércores que a Deputación financia con 91.000 euros a mellora da instalación eléctrica e a iluminación do campo de fútbol de herba natural.

Jorge Val destacou que “con estas actuacións damos resposta a unha necesidade e demanda veciñal, pois a instalación eléctrica é moi antiga, de hai 30 anos. Ademais, a iluminación era deficitaria polo que durante o inverno era necesario acurtar as xornadas e os adestramentos. Agora coa nova instalación permitimos que se alonguen, potenciando así a práctica deportiva”.

O rexedor socialista explicou que estas melloras suporán a redución de gasto enerxético en, polo menos, un 30%, grazas ás novas luminarias de tecnoloxía LED.

“O campo de fútbol municipal o empregan para adestrar e competir máis de 40 deportistas do C.D. Alfoz, cuxo equipo sénior logrou o ascenso á Segunda Autonómica. As obras estarán listas previsiblemente para o inicio da nova tempada deportiva”, subliñou Jorge Val.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive