21 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o mércores unha xornada de portas abertas

24-06-19

Será en horario de 17:00 a 19:00 horas. O profesorado explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica. Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades: Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2015 e 2012. Danza: desde os 4 anos (ano 2015) en diante. Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2011) en diante. O responsable da EMMeD, Hugo García, anima a acudir a esta xornada de portas abertas: “aproveita esta oportunidade para probar de balde”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive