16 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pintamos, programa de formación feminista artístico-educativo, chega a Ribadeo

12-06-19

 Ribadeo 12-6-19. O programa Pintamos procura facilitar a nenas e mozas ferramentas teóricas e artísticas para analizar, deconstruír e transformar o sistema patriarcal a partir do emprego de metodoloxías creativas e participativas que promovan o debate, o diálogo e a reflexión. Con este fin, a actividade divídese cronoloxicamente en dous bloques:

-Sesións teóricas
Luns 15, martes 16 e mércores 17, de 11.00 a 13:00h.
Introdución á teoría de xénero a partir da identificación e comprensión colectiva do impacto sobre as nosas identidades de mecanismos patriarcais (como os estereotipos, os roles de xénero e as violencias machistas), aos que as participantes aprenderán a cuestionar con ferramentas que promoven a igualdade.

-Sesións prácticas
Xoves 18 e venres 19, de 10:00 a 18:00h.
Apropiación e aplicación do traballo teórico previo mediante a realización colaborativa dunha intervención artística mural con perspectiva de xénero, involucrando ás cativas na transformación igualitaria da súa contorna a partir dunha aproximación ás técnicas e linguaxes da arte urbana.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive