25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Venda anticipada para a Copa de SM a Raíña (Burela, 14-16 de xuño)

11-06-19

 Burela 11-6-19. Desde este martes, estará dispoñible a venda anticipada para a Copa de SM A Raíña, que acollerá o pavillón Vista Alegre de Burela. Entre o venres, día 14, e o domingo, 16, daranse cita os 8 mellores equipos de Primeira División RFEF. Esta será a terceira edición da ata agora coñecida como Copa de España coas Guerreiras Laranxas como anfitrioas e a localidade mariñá como sede.

Futsi Atlético Navalcarnero, Pescados Rubén Burela FS, Ourense Envialia FSF, Jimbee Roldán FSF, AD Alcorcón FSF, Poio Pescamar FSF, Universidad de Alicante e Penya Esplugues pelexarán polo ansiado título.

Venda na oficina

Todas os/as afeccionados/as interesados poderán adquirir o seu abono ou entrada na sede do club laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta) ata o xoves ás 19.00 horas. Horario de oficina: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas

Prezo de adult@

-Abono: 20 euros
-Entrada/día: 10 euros

Prezo de 3-17 anos

-Abono: 10 euros
-Entrada/día: 5 euros

De 0 a 3 anos

-Gratuíto: Retirada de entrada en pavillón os días de Copa

CUARTOS DE FINAL, venres 14 de xuño

18.15 horas: CD Futsi Atlético Navalcarnero – A.E. Penya Esplugues
20.30 horas: Pescados Rubén Burela FS – Universidad de Alicante
16.00 horas: Ourense Envialia – Poio Pescamar FS
12.30 horas: Jimbee Roldán FSF – AD Alcorcón FSF

SEMIFINAIS, sábado 15 de xuño

17.45 horas: Vencedor do 1º Cuarto de Final – Vencedor 4º Cuarto de Final
20.00 horas: Vencedor de 2º Cuarto de Final – Vencedor 3º Cuarto de Final

FINAL, domingo 16 de xuño

17.00 horas Vencedor da 1ª Semifinal – Vencedor da 2ª Semifinal

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive