23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta formaliza o contrato para a recuperación do xacemento arqueolóxico de Lavandeiras, en Xove

13-07-19

 Lugo, 13 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar no portal de contratos públicos de Galicia a formalización do contrato para executar a obra de retirada de recheo sobre o xacemento arqueolóxico de Lavandeiras, no municipio de Xove.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, desprazouse ata o lugar no que se atopa o xacemento para explicar que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da citada Consellería, adxudicou a actuación por un importe de 166.200 euros e un prazo de execución de 3 meses.

A iniciativa prevé recuperar este espazo de interese arqueolóxico descuberto no transcurso das obras de construción do primeiro treito lucense da vía de alta capacidade (VAC) da Costa Norte, o treito entre Celeiro e San Cibrao.

O obxectivo da actuación é a retirada de entorno a 13.000 metros cúbicos de terra acumulada sobre o xacemento de Lavandeiras para o restablecemento ao seu estado inicial da superficie. Balseiro lembrou que de xeito complementario, durante esta intervención realizarase un estudo arqueolóxico máis en profundidade dirixido á posta en valor deste espazo.

Unha vez detectada a presenza do elemento patrimonial, do que non se tiña constancia, a Administración autonómica promoveu distintos traballos de prospección arqueolóxica seguindo as pautas marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que, una vez finalizados, ditaminou a necesidade de retirar o recheo de terras que cubre o xacemento para permitir que a superficie quede ao descuberto.

Como resultado da investigación arqueolóxica realizada deducise que o xacemento presenta unha estrutura arquitectónica prehistórica de planta circular (henge) e cuxa cronoloxía se remonta, cando menos, á Idade do Bronce tardía.

Esta tese queda confirmada por variedade de evidencias estruturais exhumadas que indican a creación dun espazo circular ben delimitado. A este carácter construtivo hai que sumar o carácter ocupacional do recinto, ratificado, entre outras evidencias, polos materiais localizados (basicamente fragmentos cerámicos), os cales remiten de novo á fase media e final da Idade do Bronce.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive