11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP urxe a PSOE e BNG a ensinar o seu acordo para gobernar a Deputación de Lugo

15-07-19

Lugo, 15 de xullo, 2019. O Grupo Provincial do PP urxe a PSOE e BNG a ensinar o seu acordo para gobernar a Deputación de Lugo. Os populares demándanlle transparencia a socialistas e nacionalistas para que os veciños saiban se existe ou non un proxecto de provincia para os vindeiros catro anos. Ante as declaracións do socialista Tomé Roca de que o acordo está pechado esíxenlle que o faga público e que pensen na provincia e non só neles.

“Coñecemos as reunións entre eles polos medios de comunicación, pero ninguén aclara se teñen un acordo pechado nin se o xoves o BNG dará o seu apoio á investidura do Señor Tomé, pese a que o PSOE o da por feito”, precisa a voceira do PP, Elena Candia.

Desde o PP insisten no seu ofrecemento para formar goberno e poñer en marcha un proxecto de provincia “de progreso e de consenso”, propio da forza política que gañou as eleccións do pasado mes de maio.

O Grupo Provincial Popular advirte unha clara contradición entre as declaracións do BNG nas que din que o acordo de goberno se asinará antes do xoves e as do PSOE que da por feita a investidura, aínda sen dar a coñecer ese acordo programático.

“A provincia merece coñecer os detalles desas reunións e tamén os seus resultados, polo que agardamos que canto antes nos informen con luz e taquígrafos das medidas que porán en marcha para mellorar a nosa provincia”.

Pleno de fin de mandato
Na súa intervención no Pleno de fin de mandato Elena Candia agradeceu o apoio dos seus compañeiros de Grupo “pola súa lealdade e dedicación”, especialmente daqueles que deixan a política, como Suso Carreira e José Manuel Yanes Ginzo, así como dos funcionarios da institución.

Candia explicou que a “coherencia” foi o que guiou ao seu Grupo e puxo en valor a capacidade do presidente para chegar a acordos, o que conqueriu un “cambio absolutamente importante para a provincia”. “Todos somos partícipes e foi imprescindible a responsabilidade e altura de miras de todos e tamén creo que o resultado debemos poñelo en valor nun momento no que a nivel nacional se vive un futuro incerto”.

“Con humildade teño que dicir que se escribiu unha nova páxina na historia da institución” mediante a aprobación de acordos de calado como o Plan Único ou o reforzo do Plan de Estradas “en beneficio de todos os veciños da provincia”. A voceira lamentou na súa intervención que ao señor Campos “lle fixeran un Martínez”, a quen lle agradeceu o cumprimento da palabra dada.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive