26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A auga do mar foi o título da actividade levada a cabo este xoves na praia de O Portelo polas monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia que dirixe a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben

09-08-19

As monitoras explicaron (a pé de praia) “a diferenza dos tres estados físicos da auga: líquido,sólido e gaseoso; a importancia do ciclo da auga para os seres vivos; os diferentes usos da auga polos seres humanos; e a importancia da auga na vida cotiá, así como a necesidade de ser capaces de establecer medidas para evitar un mal gasto da auga”. Posteriormente, realizaron un mural co debuxo do ciclo hidrolóxico da auga como fondo, onde os rapaces colocaron frases e recomendacións sobre o aforro de auga nos fogares e na vida cotiá.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive