16 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación contribúe á recuperación da Aldea do Vilar en Mondoñedo

14-08-19

 Mondoñedo, 13 de agosto de 2019. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, Mayra García Bermúdez, participou este martes na inauguración do conxunto etnográfico da Aldea do Vilar en Mondoñedo, unha iniciativa coa que colaborou a Deputación promovendo diversas axudas que contribuíron á creación do Centro de Interpretación da Prehistoria, así como á recuperación deste núcleo. No acto estiveron presentes a Alcaldesa mindoniense, Elena Candia López, e a Consellería de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, entre outras autoridades.

A Aldea do Vilar esta composta por un Albergue da Natureza, que inclúe varias vivendas que foron rehabilitadas e conta con 54 prazas; e un Centro da Prehistoria, un espazo cun primeiro bloque dedicado á prehistoria, fundamentalmente centrado na Cova do Rei Cintolo, e outro segundo onde se fala da protohistoria, co mundo da cultura castrexa e outras cuestións de temática natural ou etnográfica, como son a xeoloxía, a flora, a fauna e os usos tradicionais das rochas calcarias, entre as protagonistas.

Un proxecto que comezou no 2003
Este proxecto de recuperación, que amplía a oferta cultural e turística da localidade, comezou no ano 2003, cando dúas familias de Mondoñedo cederon este espazo ao Concello de Mondoñedo, e cuxa finalidade pasa pola súa posta en valor co fin de ser utilizado para o desenvolvemento cultural e turístico do Concello.
En pleno Camiño Norte
Este aldea atópase nun sitio privilexiado, a escasos 10 minutos en coche do casco histórico de Mondoñedo, e en pleno recorrido do Camiño Norte ao seu paso polo municipio. A escasa distancia da aldea existen importantes espazos naturais como a Fervenza do Santo, a Cova do Rei Cintolo e a Cova da Meiga, que fan deste enclave un espazo único vinculado á natureza.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive