11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Foz non renuncia e sí denuncia as falsedades do PP

01-08-19

Foz, 1 de agosto, 2019. O PP de Foz presenta neste pleno unha moción na que pide ao BNG que renuncie. Renunciar segundo a RAG e, prescindir do dereito a unha cousa. Evidentemente o dereito a presentar as iniciativas non no lo pode quitar nin pedir que prescindamos del, ao igual que nos non pedimos que o PP prescinda do dereito a defender o 155 nin a a recurrir ao constitucional o matrimonio entre persoas do mesmo sexo nin a pactar con Vox. Vese ben que tratan de manter a lei mordaza e impedirnos sequera pronunciarnos. Pero non, non renunciamos. Por que o BNG defendeu sempre a xestión pública do ciclo da auga, partindo da consideración da auga como un patrimonio do conxunto da sociedade e non como un ben comercial, como así o acreditou a Asemblea Xeral de Nacións Unidas, recoñecendo que o acceso á auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, polo que é fundamental que non dependa das regras do mercado”. A xestión pública da auga non responde exclusivamente a consideracións de natureza ideolóxica, senón que ten unha importante xustificación técnica. Pero existe por riba un informe de fiscalización do Tribunal de Contas, que conclúe que nos concellos de menos de 20.000 habitantes a xestión directa de servizos básicos como o abastecemento de auga, a limpeza viaria ou a recollida de lixo ten un custe menor que a xestión indirecta. A moción do PP está inzada de inexactitudes que ben podían ser despistes se non semellara intentos de engano. So unha certeza: o PP en 1992 privatiza o servizo en Foz, pero a diferencia da falsedade da moción, o PP en 1998 como consta nas actas do concello, sí vota a favor dunha prórroga absolutamente ilegal axudando ao goberno en minoría e en 2007 cando xa non é decisivo por que o goberno tiña maioría absoluta, abstense nunha nova prorroga. Por tanto, o PP é o creador da privatización e o cómplice imprescindibel para as prorrogas ilegais acordadas. Non reescriban a historia. O que sempre se opuxo as prorrogas ilegais foi o BNG, repasen as actas. O informe de EPTISA do que fala o PP de Foz non é tan definitivo na avaliación económica do servizo privado, pero sobre todo tendo en conta que adolece dunha parte fundamental xerada po la chapuceira contratación do PP da auditoría. O contrato remataba en 2017 e o informe emítese en setembro de 2017 despois de inmumerables peticións por parte do BNG de que se realizara, sempre sen concreción. E como foi feita sen tempo para realizar unha avaliación en prazo, a empresa recoñece nos analises técnicos, que “foi imposible co tempo da oferta presentada para a auditoria poder comprobar a periodicidade do mantemento nin a mesma realización do mantemento por parte da empresa”. Claro, así xa pode sair mais barata a oferta privada. Por tanto novo estrangulamento da verdade.
A externalización pode ou non ser unha opción técnica e económicamente axeitada, xa o diran os técnicos. Sempre que se faga deberá contar coa aprobación dos servizos técnicos do concello e non como fixo o PP sempre fora da legalidade. O que está claro e que nestes 25 anos de anormalidade as cousas mudaron moito, mesmo cunha arañeira administrativa de sucesivos gobernos ultraliberais que puxeron as cousas moi complicadas para a xestión pública. Pero O BNG neste novo goberno ten o firme compromiso de resolver a desfeita herdada do ciclo da auga e vai traballar cos servizos técnicos municipais con ese obxectivo e nunca realizará actos administrativos ilegais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive