17 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Grupo Provincial do PP considera “inaceptable” o “uso político” que case nove anos despois o PSOE e o BNG continúan a facer das residencias de maiores

13-08-19

Lugo, 13 de agosto, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular considera “inaceptable” o “uso político” que case nove anos despois o PSOE e o BNG continúan a facer das residencias de maiores, que acordaron construír e xestionar dende 2010 e das que “hoxe buscan desatenderse, porque xa non lles deben interesar”.

Os populares lembran que recorren á solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario para que o PSOE e o BNG aclaren “os pasos que darán coas residencias” xa que están “a xerar alarma e incerteza tanto entre os rexedores como entre os veciños e veciñas” que ven como o novo Goberno da Deputación “busca desatenderse do seu compromiso de construír e xestionar as residencias”.

Dende o Grupo Provincial do PP destacan que cando menos Tomé parece que “rectifica en parte, xa que agora di que asumirá os acordos asinados, pero o que entendemos é que a larga buscan que outros asuman o seu compromiso”. É “inconcibible” que PSOE e BNG intenten vender unha imaxe de “rigor e axilidade”.

Os populares tamén lle lembran aos socialistas que “se cansaron de vender o seu modelo de xestión das residencias coma o mellor” contrapoñéndoo ao da Xunta e agora “buscan pasarlle a pelota ao teito da administración autonómica”.

Para os populares “é necesaria unha certa seriedade política. Non se pode estar hoxe asinando novos convenios e aos tres meses dicindo que non é competencia da Deputación e que deben ser outros os que asuman o que eles deseñaron e empezaron”.

Ante todo, “pensamos nos efectos prexudiciais que esta situación poida ocasionar ás persoas maiores e no funcionamento dos centros” polo que “non se pode cambiar de criterio en base a antollos e beneficios propios”. Os populares piden “seriedade” ante un asunto de “especial relevancia para a provincia, que afecta a concellos e veciños e veciñas, sen esquecernos do persoal que pasou un proceso de selección para traballar nalgún deste centros e que anos despois seguen se poder incorporarse ao seu posto de traballo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive