11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Ribadeo salienta o apoio de 4.800 euros da Xunta para a Festa do Percebe de Rinlo

01-08-19

 Ribadeo, 29 de xullo de 2019. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, salienta o apoio do Goberno galego que preside Feijóo á Festa do Percebe de Rinlo coa achega de 4.800 euros para financiar distintos aspectos da celebración que terá lugar o vindeiro sábado 3 de agosto.

Vega pon en valor, polo tanto, “a xestión que levamos a cabo dende o Grupo Popular e que fixo posible contar coa colaboración da Xunta para continuar a celebrar a festa de exaltación deste produto local que fai aínda máis grande ao lugar porque o nome de Rinlo xa se vincula co seu percebe e o percebe, con Rinlo”.

Neste sentido, durante o acto de presentación no que tamén participou a concelleira popular de Economía, Desenvolvemento local e Turismo, Begoña Sanjurjo, xunto ao xefe territorial de Pesca, Pablo Fernández Asensio; Daniel Vega quixo agradecer á organización a través dos membros presentes “o traballo desenvolto para levar a cabo unha festa para tódolos veciños e veciñas e tamén para os visitantes da comarca mariñá”. De feito, os populares remarcan “o atractivo turístico desta festa do percebe de Rinlo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive