17 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os populares ribadenses critican que “o Goberno local non busque solucións para abrir o albergue municipal de peregrinos de Vilela”

09-08-19

Ribadeo, 9 de agosto de 2019. A concelleira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo delegada da área de Turismo, Begoña Sanjurjo, critica que “o equipo de Goberno local do BNG non procure buscar solucións para poder abrir o albergue municipal de peregrinos de Vilela” e destaca que “o Goberno municipal, un abandeirado da inclusión social, non cumpre a lei de accesibilidade”.

A edil popular sinala que “falta aínda a primeira vez na que o Goberno local do BNG asuma algún problema como propio” e, polo tanto, critica que “o equipo de Goberno de Fernando Suárez só saiba botar balóns fóra culpando á Xunta de Galicia cada vez que se detectan xestións cuestionables en Ribadeo”.

Propostas para a posta en marcha do albergue e servizos aos peregrinos
Dende o Grupo Municipal do PP propoñen “habilitar prazas de aloxamento alternativo costeadas polo Concello para as persoas con diversidade funcional que realizan o Camiño Norte; se non é posible dotar ao albergue de Vilela cun ascensor. Deste xeito, non se falta ao respecto nin se ignora ao colectivo”, engaden.

Begoña Sanjurjo aposta por “buscar solucións para abrir o albergue” e condena que “ademais dos problemas de accesibilidade destas instalacións, o albergue tamén conta con outras pequenas deficiencias no seu funcionamento; xa que non realizaba o rexistro de usuarios ou o selado de credenciais, por exemplo”.

Así mesmo, recorda que “os guías na capela da Ponte existiron mentres a Xunta os pagou –xa que o servizo se prestaba no marco das actividades desenvoltas polos alumnos do obradoiro de emprego-. Agora só queda un código QR que da acceso á información sobre as pinturas do seu interior habilitado tamén grazas ao obradoiro de emprego que financia o Goberno galego”. Con todo, “non é o mesmo que observar as pinturas nos propios muros do santuario das Virtudes”, lamenta.
“O Camiño Norte non é prioritario nin estratéxico para Fernando Suárez”

Os populares condenan, pois, que “o Camiño Norte non sexa prioritario nin estratéxico para Fernando Suárez cando as rutas xacobeas son coñecidas en todo o mundo”. Pola contra, “nós cremos que non hai propaganda da vila máis barata nin máis universal”, conclúen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive